Efervesciencia

Efervesciencia

Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • @wicho analiza os problemas dos Boeing 737 Max
    Wicho explícanos polo miúdo que se cre que pasou nos accidentes dos Boeing 737 MAX e que consecuencias pode ter para a seguridade aérea.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    17 min
  • Efer 470 (20-3-19): Por que o home do neolítico nunca gravaría un vídeo en vertical?
    Os homes que construíron as mámoas hai 6000 anos tiñan cableado o seu encéfalo para ollar en horizontal, en modo panorámico. Este é o resultado dun estudo pioneiro en neoarqueoloxía que veñen de asinar en Scientific Report os investigadores galegos Felipe Criado (INCIPIT-CSIC) e Luis Martínez Otero (Instituto de Neurociencia de Alacant) cos que conversamos en Efervesciencia.

    A catedrática da antropoloxía forense da Universidade de Grandada, Inmaculada Alemán é unha das “Mulleres dos Mortos”. Este é un ciclo de relatorio de mulleres antropólogas organizado por Olalla López-Costas (Grupo Sistema Terra da USC) e María Loureiro (Departemeno de Análise Económica- USC). Coa Dra. Alemán falamos de momias, Colón e antropoloxía forense.

    Rendémoslle unha homenaxe ao rover Opportunity logo da súa maratón en Marte e a posterior desconexión da súa misión. Este é unha nova postal planetaria de Borja Tosar.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    58 min
  • Efer 469 (13-3-19): Ecos dos tangos cósmicos con Gabriela González
    O cadro de persoal do observatorio LIGO esta formado por unhas 1000 persoas, que nun exercicio de democracia escollen cada dous anos a un voceiro oficial do experimento. Durante 6 anos a física arxentina Gabriela González ostentou a portavocía de ligo, período onde se descubriu e fixo público o achado da primeira onda gravitacional. A revista Nature nomeou a Gabriela González como o investigador do ano en 2016.

    O pasado 8 de marzo Gabriela González estivo en Santiago de Compostela formando parte dun equipo internacional que auditou ó Instituto Galego de Física de Altas Enerxías da USC. E nos aproveitamos para invitala ós nosos estudos.

    Descúbrese que as bacterias teñen memoria colectiva. Nolo conta Esteban Fernández Moreira desde o seu "Circo de Bacterias".

    As mimosas e a uña de gato contribúen ás pragas de insectos herbívoros segundo unha investigación de Jonatán Rodríguez do departamento de bioloxía da Universidade de Vigo. Tráenos esta nova Eva Rodríguez de SINC.

    Está xustificada a mala sona do eucalipto? A semana pasada tivo lugar en Santiago o último debate de Regueifas de Ciencia.

    No debate sobre os eucaliptos participaron no equipo que defendeu o bo nome dos eucaliptos o catedrático emérito de edafoloxía da USC Francisco Díaz Fierros e Manuel Marey catedrático na Escola Politécnica Superior de Enxeñería de Lugo.

    O equipo que argumento en pro a mala soña do eucalipto estivo formado polo presidente da Sociedade Galega de Historia Natural e investigador científico do IIAG-CSIC Serafín González e o profesor titular de Ecoloxía da Universidade de Vigo Adolfo Cordero.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    58 min
  • Efer 468 (6-3-19): A sostenibilidade dos mares vista por un economista
    Sebastián Villasante é profesor de economía na USC especializado no estudo da sostenibilidade de mares e océanos con proxectos como "Cephs and Chefs".
    As plantas falan entre si coa linguaxe da química. Xaquín Moreira Tomé, investigador Ramón y Cajal do grupo xenética e Ecoloxía Forestal da Misión Biolóxica de Galicia do CSIC, dedícase a interceptar estas comunicacións para interpretalas.
    Tres pistas musicais levaránnos descubir á estrela convidade ao XXIV Congreso Estatal de Astronomía que terá lugar en 2020 en A Coruña organizado pola Agrupación Astronómica IO: Jocelyn Bell
    En 2019 celebramos o 50 aniversario da chegada á lúa. Borja Tosar prepáranos unha nova "Postal Planetaria" na que debulla o filme "First man".

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    57 min
  • Efer 467 (27-2-19): As croquetas do imperio do mal con @farmagemma
    Inserímonos dentro do “Imperio do mal” alimentario e farmacéutico da man de @farmagemma e a súa estraña familia.
    Tamén falamos da importancia do deseño como motor de innovación con María José Mariño da @axenciaGAIN e @DavidBarro1
    Coñecemos o lado mais galego da Táboa Periódica con Miguel Ángel Ríos que nos presenta a obra de Tomás Batuecas na Comisión Internacional de Pesos Atómicos. Batuecas ven de ser elixido científico do ano pola Real Academia Galega de Ciencias.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    58 min
  • Efer 466 (20-2-19): Unha noite estimulando cerebros con imáns
    Visitamos o laboratorio de investigación do grupo Neurocom da Universidade de A Coruña onde conversamos con Casto Rivadulla e Juan Aguilar do Laboratorio de Neurofisioloxía Experimental do Hospital Nacional de Parapléxicos de Toledo. Estes investigadores veñen de publicar en Scientific Report un traballo sobre o tratamento da epilepsia con neuromodulación non invasiva con campos magnéticos estáticos. Campos magnéticos que o noso compañeiro César Goldi vai experimentar no seu cerebro...
    Somos o que comemos, dise moitas veces. É dalgún xeito esta é unha gran verdade. Nos nosos osos vanse fixando átomos de carbono e nitróxeno que proveñen das proteínas que consumimos. Pero non todos os átomos de carbono ou nitróxeno pesan o mesmo, xa que presentan isótopos estables. Así que Medindo a proporción entre os isótopos de cada elemento os investigadores poden facerse unha idea da dieta dun individuo a partir da análise dos seus osos. Esta noite coñeceremos grazas polo uso destas técnicas por parte dos investigadores tanto a historia “negra” de como o millo acabou formando parte da dieta dos galegos coa antropóloga física da USC Olalla López Costas, como os indicios que nos levan a pensar que os raposos tamén foron domesticados na idade de bronce con Eva Rodríguez da Axencia SINC e Aurora Grandal, profesora de antropoloxía na Universidade da Coruña.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    58 min
  • Efer 465 (13-2-19): De NOSA ao IEO-Vigo, xogo de espellos no 11F
    Para conmemorar a celebración do Día Internacional da Nena e a Muller na Ciencia facemos un xogo de espellos desde un instituto de investigación ata un congreso científico escolar, desde o mar ata o espazo.
    Xuntamos nun mesmo espazo sonoro a 8 investigadoras e técnicas do Centro Oceanográfico de Vigo do Instituto Español de Oceanografía (María Saínza, Isabel Riveiro, María Sánchez Barba, Pilar Rial, Lucía Viñas, Victoria Besada, Esther Román Mar Sacau e Montse Pérez) xunto co III Congreso da Axencia Escolar NOSA celebrado no auditorio Gabriel García Márquez.

    Os escolares de NOSA analizaron no seu congreso os resultados da sonda Marumasat III e artellaron o seguinte desafío. Convidaron tamén á académica Marilar Aleixandre.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    57 min
  • Efer 464 (6-2-19): Secuenciado o xenoma do berberecho
    Nesta edición efervescente anunciamos en primicia a secuenciación completa por primeira vez do berberecho. Este achado é relevante non so desde o punto de vista do mariqueo senón tamén para o estudo dos cancros transmisibles. Conversamos con José Tubio @MobileGenomes investigador do @cimususc.
    Bibiana García Visos na súa Ciencia para Andar por Casa danos a escusa perfecta para non facer a cama.
    Facemos unha anatomía dunha investigación estatística con Amanda Fernández: As matemáticas desvelan a existencia dunha bolsa oculta de casos de violencia de xénero sen denunciar en Ourense e Lugo

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    59 min
  • Demo de Tasmanía, cancros transmisibles e berberechos con José Tubío
    Conversamos con José Tubio @MobileGenomes investigador do @cimususc. Tubío lembra de pequeno en Noia o seu primeiro contacto cos berberechos nun episodio coa Garda Civil. Agora o seu grupo vén de secuenciar por primeira vez o xenoma do berberecho.
    Este achado é relevante non so desde o punto de vista do mariqueo senón tamén para o estudo dos cancros transmisibles.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    35 min
  • As matemáticas desvelan unha bolsa oculta de violencia de xénero sen denunciar en Galicia
    Facemos unha anatomía dunha investigación estatística con Amanda Fernández, investigadora de postdoutoramento na Universidade Humbold de Berlín.
    As matemáticas desvelan a existencia dunha bolsa oculta de casos de violencia de xénero sen denunciar en Ourense e Lugo.
    Conversamos con Amanda na 4ª reunión de Biostatnet.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    10 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.
Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21…