Efervesciencia

Efervesciencia

Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • Fotóns sen fronteiras, a medición da contaminación luminosa
    Salvador Bará, profesor de óptica na USC, investiga na medición da contaminación luminosa. As imaxes por satélite revelan que a contaminación luminosa non sabe de fronteiras administrativas. Un lugar como Guitiriz, por exemplo, recibe a meirande parte de contaminación luminosa dos concellos limítrofes.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    11 min
  • Efer 448 (17-10-18): Correspondentes no mundo do coñecemento: O SciComPT18
    Desprazámonos a Figueira de Castelo Rodrigo para asistir ao encontro SciCom Portugal, da Rede Portuguesa de Comunicadores de Ciencia. Entre amendoeiras, o viño Pinking, e estrelas conversamos con Pedro Russo (Universidade de Leiden), Maria Vicente (Plataforma de Ciencia Aberta de Figueira de Castelo Rodrigo), Ana Godiño (coordinadora de comunicación do CERN, RIcardo Brandao (Hospital de animais salvaxes da Serra da Estrela CERVAS) e coa nosa colaboradora Joana Magalhaes.
    Tamén reunimos nunha mesma mesa aos responsables das asociacións de comunicación científica de España, Portugal e Brasil: Antonio Calvo Roy (AECC), Joana Lobo Antunez (SciComPt) e Luisa Massarani (Instituto Nacional de Comunicação da Ciência e Tecnologia).
    Miguel Alcalde (ICP-CSIC) e Esteban Fernández Moreira (Universidade de las Américas) debullan para nós a evolución dirixida de enzimas e anticorpos que merceu o premio Nobel de Química 2018.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    57 min
  • Efer 447 (10-10-18) Noite Efervescente desde Guitiriz
    Así transcorreu a VI Noite Efervescente que tivo lugar na Casa Habanera de Guitiriz coa presenza dos amigos de AMIPA e ASPABER e a inestimable colaboración dos nosos estreleiros Borja Tosar e Martin Pawley.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    58 min
  • Efervesciencia no "Open Science Cambre"
    Iniciamos tempada desde o "Open Science Cambre" onde coñecemos que é o biohacking con Cristina Hernández do BIFI de Zaragoza. Tamén conversamos con José Viñas (profesor do IES David Buján de Cambre), Hugo (director da "Open Science Cambre"), María Luque (participante na feira, instituto Kursaal de Algeciras) e Cristina Pavisic (Instituto de Instrución Superior Galileo Galilei de Jesi-Italia).

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    28 min
  • Vén á VI Noite Efervescente en Guitiriz
    A “VI Noite Efervescente” terá lugar en Guitiriz o sábado 6 de outubro. Comezaremos gravando entre 20 e 21h un especial Efervesciencia desde a Casa Habanera de Guitiriz aproveitando a conmemoración do World Space Week, evento global no que participa a Noite Efervescente. E ás 22 h. gozaremos dunha observación pública do ceo desde a Área Recreativa de San Xoan da man dos nosos estreleiros, Martin Pawley, Irene Baspino e Borja Tosar.

    Unha festa familiar da astronomía para todas as idades na que contamos como invitados especiais os amigos das asociacións Aspaber e Amipa. Agardámoste!



    Programa e localizacións da VI Noite Efervescente

    De 20 a 21 h. Recepción. Gravación de Efervesciencia na casa Habanera de Guitiriz (Localización)
    De 21 a 22 h. Tempo de cea libre
    De 22 h a 24 h. Observación pública na área recreativa de San Xoan (Localización). Gravación da segunda parte do programa de radio.

    A actividade é apta para calquera tipo de público e idade (menores acompañados). Pódese asistir o tempo que cada quen desexe. Recoméndase levar roupa de abrigo á observación nocturna (sempre é mellor levar roupa de abrigo de mais que de menos). Levar bebidas quentes á observación tamén é unha boa opción.

    “Noite Efervescente” é unha iniciativa do programa Efervesciencia da Radio Galega-USC e os seus «estreleiros», e no que colabora a Agrupación Astronómica “IO”, a Liga Provincial de Clubs de Ocio de Persoas con Discapacidade Intelectual da Coruña e o Concello de Guitiriz. Nesta edición a “Noite Efervescente” está adherida a World Space Week

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    5 min
  • Encontro de AMIT en A Coruña [Muller e Ciencia]
    Coñecemos o encontro da AMIT (Asociación de Mujeres Investigadoras y Tecnólogas) da man de Joana Magalhaes e Ana Jesús López (presidenta de AMIT-Galicia).

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    7 min
  • A inmunoterapia contra o cancro xa ten o seu nobel, con Amaia Lujambio
    Amaia Lujambio é investigadora da Icahn School of Medicine do Hospital Monte Sinai de Nova Iorque e especialista en cancro de fígado. Con ela debullamos o Nobel de medicina 2018 a Allison e Honjo polos seus traballos na inmunoterapia do cancro.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    11 min
  • Efer 446 (3-10-18): Biohacking desde a Open Science Cambre
    Iniciamos tempada desde o "Open Science Cambre" onde coñecemos que é o biohacking con Cristina Hernández do BIFI de Zaragoza. Tamén conversamos con José Viñas (profesor do IES David Buján de Cambre), Hugo (director da "Open Science Cambre"), María Luque (participante na feira, instituto Kursaal de Algeciras) e Cristina Pavisic (Instituto de Instrución Superior Galileo Galilei de Jesi-Italia).
    Amaia Lujambio é investigadora do Hospital Monte Sinai de Nova Iorque e especialista en cancro de fígado. Con ela debullamos o nobel de medicina 2018 a Allison e Honjo polos seus traballos na inmunoterapia do cancro.
    Coñecemos o encontro da AMIT (Asociación de Mujeres Investigadoras y Tecnólogas) da man de Joana Magalhaes e Ana Jesús López (presidenta de AMIT-Galicia).
    Co noso estreleiro Martin Pawley presentamos a VI Edición da Noite Eferevescente que habemos celebrar en Guitiriz.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    59 min
  • Extrae ADN na cociña coa receita de Ángel Carracedo
    O xenetista Ángel Carracedo cóntanos como extraer ADN duns chícharos na casa. Atención ao ingrediente segredo.
    Emitido en Efervesciencia o 4-1-14

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    7 min
  • A enerxía nuclear en Regueifas de Ciencia
    Os participantes na Regueifa de Ciencia "É a enerxía nuclear unha opción válida e segura" desvelan a Efervesciencia a súa estratexia argumental cara o debate.
    O equipo pro-nuclear está formado por Bernardo Adeva (Catedrático USC) e Juan José López Cadenas (Físico de Neutrinos, director do experimento NEXT).
    No equipo anti-nuclear escoitamos a Ángeles López Aguera (profesora USC experta en sustentabilidade) e Marcel Coderch (Doutor enxeñeiro polo MIT)

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    9 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.
Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21…