Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas.Financ... more
FAQs about Efervesciencia:How many episodes does Efervesciencia have?The podcast currently has 1,083 episodes available.
July 21, 2018"Os mapas físicos actuais non valerán co cambio climático" con BIBICI-USCVisitamos ao grupo de investigación da Universidade de Santiago BIBICI (Biodiversidade, Bioxeografía e Conservación de Inertebrados). Andrés Baselga, Carola Gómez e Adrián Castro veñen de publicar un traballo onde amosan cales son os patróns globais de distriución das especies e de como se poden ver afectados polo cambio climático.A nosa web oficial www.efervesciencia.orgEn Bluesky @efervesciencia.orgCanle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes...more29minPlay
July 09, 2018Efer 445 (1-7-18): A informática en Galicia xa ten historiaPilar Vila é forense informática. Henrique Neira doutor en comunicación en xornalismo, e autor do libro "Historia da informática en Galicia. Unha cronoloxía". Con eles conversamos sobre a evolución da informática na nosa terra.Na “Guía do Ceo” de Martin Pawley e Irene Baspino contámosche todo o que hai que ver no ceo deste verán 2018. Marte, eclipse de lúa, Perseidas, a “Percha” e Andrómeda. Esta guía vale tanto para os que desexan iniciarse na observación do ceo nocturno desde cero, como para os que demandan retos mais avanzados. Como complemento á guía sonora ofrecémosche este documento en formato pdf con explicacións paso a paso. https://issuu.com/efervesciencia/docs/gu_a_do_ceo_ver_n_18Un imprescindible na túa equipaxe de vacacións.Tamén incluímos a solución e explicación das pistas que conducían ao lugar secreto onde José Edelstein e Deborah García Bello presentaron os seus respectivos libro en Efervesciencia.Juan Picos desde Londres contanos a longa historia evolutiva da lepra.A nosa web oficial www.efervesciencia.orgEn Bluesky @efervesciencia.orgCanle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes...more46minPlay
July 08, 2018Solución do lugar secreto de Edelstein e DeborahSolución e explicación das pistas que conducían ao lugar secreto onde José Edelstein e Deborah García Bello presentaron os seus respectivos libro en Efervesciencia.O programa onde lanzamos o reto é este:http://www.ivoox.com/26700059A nosa web oficial www.efervesciencia.orgEn Bluesky @efervesciencia.orgCanle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes...more6minPlay
July 03, 20185 imprescindibles do ceo deste veránNa “Guía do Ceo” [versión íntegra] de Martin Pawley e Irene Baspino contámosche todo o que hai que ver no ceo deste verán 2018. Marte, eclipse de lúa, Perseidas, a “Percha” e Andrómeda. Esta guía vale tanto para os que desexan iniciarse na observación do ceo nocturno desde cero, como para os que demandan retos mais avanzados. Como complemento á guía sonora ofrecémosche este documento en formato pdf con explicacións paso a paso. https://issuu.com/efervesciencia/docs/gu_a_do_ceo_ver_n_18Un imprescindible na túa equipaxe de vacacións.A nosa web oficial www.efervesciencia.orgEn Bluesky @efervesciencia.orgCanle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes...more15minPlay
June 24, 2018Efer 444 (24-6-18): Vitaminas e perplexos, ou @deborahciencia vs @joseedelsteinDeborah García Bello e José Edelstein presentan en Efervesciencia os seus respectivos libros ¡Que se le van las vitaminas! (Paidós) e "Eintein para perplejos" (Debate) desde un lugar segredo. Neste sitio escoitamos a Carmen Jorge interpretar ao violín unha das obras favoritas de Einstein, a sonata K 378 de Mozart. Aquí tamén se expuxo unha obra dun autor que Deborah ten na súa casa.Se cres saber onde estamos poderás participar no sorteo dun exemplar de "Einstein para perplejos". Ou se coñeces o nome do artista misteriosos optarás a gañar un libro de "¡Que se le van la vitaminas!. Envía a túa resposta por twitter coa etiqueta #UloEdelstein ou #UlaDeborah ou cólgaa no noso facebook ata o 29 de xullo de 2018.A nosa web oficial www.efervesciencia.orgEn Bluesky @efervesciencia.orgCanle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes...more59minPlay
June 24, 2018Efer 443 (17-7-18): Pecios, da Vinci e ácarosMohamod Traore é un investigador de doutoramento da USC no Grupo Ciencia do Sistema Terra. Aínda que é orixinal de Mali, un país africano sen costa, Traore especializouse en estudar a química da madeira de barcos afundidos. Pecios como o Galeón de Ribadeo - probablemente o Santiago de Galicia - que esta a ser obxecto dunha campaña de prospección dirixida por lo arqueólogo subacuático Miguel San Clodio.A poeira das nosas casas non está formada por células mortas da pel. Nolo conta Bibiana García Visós en "Ciencia para andar por casa"Joana Magalhaes lévanos ao FEMmeeting en Portugal. Conversamos coa artista especializada en bioloxía Marta de Menezes.Fran Núñez de Limiar Teatro preséntanos a xira de "Eu tamén son Leonardo da Vinci"A nosa web oficial www.efervesciencia.orgEn Bluesky @efervesciencia.orgCanle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes...more58minPlay
June 15, 2018Principia: 110 novos tecnólogos mozosA actual convocatoria do programa Principia da Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia permitirá a contratación de 110 tecnólogos mozos para a realización de actividades de I+D+i Coñecemos a experiencia de Cayetana García e Paula Simón en CZVeterinaria.A nosa web oficial www.efervesciencia.orgEn Bluesky @efervesciencia.orgCanle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes...more7minPlay
June 15, 2018A loita contra o novo brote de ébola no CongoCésar Muñoz Fontela, virólogo do Instituto de Medicina Tropical de Hamburgo, viaxa ao rio Congo para axudar no plan de contención do novo brote de Ébola.A nosa web oficial www.efervesciencia.orgEn Bluesky @efervesciencia.orgCanle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes...more8minPlay
June 15, 2018'Fixemos a luz e perdimos a noite' con Emilio Sánchez BarcelóOs actuais sistemas operativos de ordenadores e dispositivos móbiles comezan a incorporar opcións automáticas pra que cando chegan as horas da noite as pantallas se iluminen con tons mais alaranxados. Isto é así porque agora sabemos que á luz que ten un compoñente maioritario azul, a que en parte anulan estas aplicacións, é interpretada polo cerebro como un sinal de é de día e tes que te espreguizar.Este é un exemplo de como pouco a pouco a cronobioloxía esta a facerse oco na sociedade actual. Conversamos sobre cronobioloxía e contaminación luminosa con Emilio Sánchez Barceló, catedrático da fixioloxía humana da Universidade de Cantabria e autor do libro: "Hicimos la luz... y perdimos la noche".A nosa web oficial www.efervesciencia.orgEn Bluesky @efervesciencia.orgCanle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes...more28minPlay
June 13, 2018"Ondas gravitacionais que soan en galego" [Diario Cultural]"Ondas gravitacionais que soan en galego"Unha pequena viaxe pola nova astronomía de ondas gravitacionais e as súas conexións galegas. Con declaracións de Juan Calderón Bustillo, Gabriela González, Jorge Pullin, José Edelstein, Carlos Fernández Sánchez, Alicia Sintes e Alvaro Valiño.Emitido no "Diario Cultural" da Radio Galega o 12/3/18 ás 15:36A nosa web oficial www.efervesciencia.orgEn Bluesky @efervesciencia.orgCanle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes...more12minPlay
FAQs about Efervesciencia:How many episodes does Efervesciencia have?The podcast currently has 1,083 episodes available.