Efervesciencia

Efervesciencia

Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • Efer 440 (27-5-18): Superbacterias e virus emerxentes: as orellas do lobo
    Como sociedade semella que non lle queremos ver as orellas ao lobo das superbacterias e os virus emerxentes.
    Nesta edición efervescente o noso microbiólogo de cabeceira alértanos da barra libre de uso de antibióticos como a colistina en India e como acaba afectando á saúde global.
    Desde o CIMUS da Universidade de Santiago temos o honor de conversar sobre as últimas fronteiras en vacinas con Mariano Esteban, profesor de Investigación Vinculado Ad Honorem do Centro Nacional de Biotecnología (CNB-CSIC) onde lidera o grupo de "poxvirus e vacinas" e presidente da Real Academia Nacional de Farmacia e do Instituto de España.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    45 min
  • Todo o que queremos saber sobre a xenética estará en Catoira
    Catoira acollerá un curso de extensión universitaria da Universidade de Vigo sobre xenética cos mellores especialistas do país. Unha oportunidade única aberta a público non especialista que nos presenta o catedrático de xenética Armando Caballero.
    https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/duvi/achegas-beneficios-xenetica-humanidade-incorporanse-oferta-cursos-extension-universitaria

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    4 min
  • Efer 439 (20-5-17): 36 anos de cultura desde a aldea de O Couto
    Na aldea de O Couto na Fundación Eduardo Pondal levan 36 anos organizando o Festiletras, unha escola de resistencia cultural. Agora incorporan tamén a cultura científica. E alí nos fomos os de Efervesciencia.
    Coñecemos ao decano dos ornitólogos galegos, José Luis Rabuñal Patiño, que leva 4700 días de observación no esteiro do Anllóns. Falamos con José Viñas, profesor do IES David Buján, de ciencia cidadá. Conversamos con Esther Suárez e Lucía Suárz das Aulas Científico-Tecnolóxicas Isidro Parga Pondal, e con Tamara da Fundación Eduardo Pondal. Tamén contamos con David Ballesteros e o noso estreleiro Martin Pawley.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    58 min
  • 4641 días obsevando paxaros no Anllóns: Jose Luis Rabuñal
    Coñecemos ao decano dos ornitólogos galegos, José Luis Rabuñal Patiño, que leva 4700 días de observación no esteiro do Anllóns.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    25 min
  • Guía do Ceo no Días das Letras
    "Guía do Ceo" versión expreso con Martin Pawley do Día das Letras 2018 desde O Couto (Ponteceso). Cómpre empezar a estar atentos ao brillo de Marte...

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    6 min
  • Efer 438 (13-5-18): Especial Galiciencia
    Levamos o laboratorio portátil de Efervesciencia a Tecnópole (San Cibrán da Viñas) para coñecer de primeira man a edición número 13 da Feira Científica Galiciencia. Aproveitamos para conversar co investigador da Universidade de Vigo Juan Antonio Añel, especialista en impacto do Cambio Climático e física atmosférica.
    Contamos ademais con Sabela Bouzo, Antonio Gregorio, Ana Otero, Tino Álvarez, David Ballesteros, Iria Ollero e Kike Fontán.
    Por outra banda o noso correspondente en Londres, Juan Picos, achegouse no barrio de Portobello ao colexio español Cañada Blanch. Alí descúbrenos unha "Science Week" que fala en galego.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    57 min
  • Desde Londres... Unha "Science Week" con acento galego
    A Semana da Ciencia é un evento global que se desenvolve en diferentes datas segundo o pais. O noso correspondente en Londres Juan Picos achegouse ao barrio de Portobello ao colexio español Cañada Blanch. Alí descúbrenos unha "Science Week" que fala en galego.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    5 min
  • Promoción do Especial Galiciencia 18
    Audio promocional da emisión do 13-5-18 especial desde Galiciencia

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    1 min
  • Efer 437 (6-5-18): Unha tarde no laboratorio de antropoloxía física con Olalla López Costas
    Pasamos unha tarde entre ósos e historias coa antropóloga física Olalla López Costas no seu laboratorio. Olalla é investigadora do grupo “Ciencia do Sistema Terra” da Universidade de Santiago de Compostela e especialista en paleodieta. Polas súas mans teñen pasado ósos dos principais xacementos galegos entre eles ós da Lanzada ou do Ghidoiro Areoso. Contamos co testemuño de Rafael Rodríguez e Patricia Mañana respectivos directores das escavacións nestes xacementos. O traballo de Olalla serviu para identificar unha mandíbula atopada no Ghidoiro como o primeiro resto humano que se conserva en Galicia da Idade de Ferro.
    O mito da peleodieta en nutrición, o descoñecido millo miúdo, os ósos radioactivos de a Lanzada, a práctica da antropoloxía física, as historias da xente común que contan os ósos, os isótopos que delatan a fonte de auga que bebes ou a túa dieta, o enigma das vikingas contaminadas por metais,... Esta tarde no laboratorio deu para moito.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    57 min
  • Protexer ao doente das pseudoterapias con Elena Campos @ElenaC_S
    "Retirouse o Dalsy do mercado por un erro no folleto e pola contra os remedios homeopáticos inzan de publicidade enganosa as farmacias" Elena Campos

    Cando unha persoa é tratada cunha pseudoterapia malgasta como pouco os seus cartos, pero tamén pode ver resentida a súa saúde e mesmo perder a vida. De quen é responsabilidade? Do doente ou do falso terapeuta? Para a @apetp_ os doentes están desamparados legalmente e as administracións miran para outro lado.
    Conversamos con Elena Campos @ElenaC_S presidenta de a "Asociación para protejer al enfermo de terapias pseudocientíficas".

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    28 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.
Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21…