Efervesciencia

Efervesciencia

Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • Efer 436 (29-4-18): Vítimas das pseudoterapias
    Cando unha persoa é tratada cunha pseudoterapia malgasta como pouco os seus cartos, pero tamén pode ver resentida a súa saúde e mesmo perder a vida. De quen é responsabilidade? Do doente ou do falso terapeuta? Para a @apetp_ os doentes están desamparados legalmente e as administracións miran para outro lado.
    Conversamos con Elena Campos @ElenaC_S presidenta de a "Asociación para protejer al enfermo de terapias pseudocientíficas".
    O estatístico Manuel Oviedo do @ITMATI vén de publicar en Plos One un método para predicir a gripe estacional con tan so datos meteorolóxicos de temperatura. O modelo validouse con datos galegos.
    Ao noso novo correspondente en Londres Juan Picos @juanj10n tocoulle visitar o @sciencemuseum e o @NHM_London
    A recomendación de #CambiodeFase @Tecnocoia é "Fóra de Mapa" de Emilio Fonseca. Intrigas cartográficas na Venecia do século XV.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    57 min
  • 800 Pesetas por un quilo de caruncho
    O catedrático xubilado de Química Orgánica da USC Enrique Raviña cóntanos por que xurdiu no século XX en Galicia toda unha industria ao redor dun fungo do centeo, o caruncho. Raviña é o autor de "Medicamentos.: Un Viaje a Lo Largo de la Evolucion Del Descubrimiento de Farmacos" editado pola Universidade de Santiago

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    5 min
  • "Os Fillos do Sol" con Ricardo Gurriarán
    "En Galicia non se coñece nin valora o grao de modernidade e vangarda científica que acadou a Universidade de Santiago antes da Guerra Civil"
    Ricardo Gurriarán

    Zeltia, o caruncho, Fernando Calvet, a efémera vangarda científica da Universidade de Santiago, a represión na universidade logo da Guerra Civil, a liberación de presos polo coñecemento, a síntese do DDT en Poriño... todo isto forma parte da nosa historia recente da ciencia e amósase na película "Os Fillos do Sol". Coñecemos este periodo histórico da man Ricardo Gurriarán, doutor en Historia Contemporánea.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    37 min
  • Cocer un ovo en Marte: Terraformación no planeta vermello [Postal Planetaria]
    O noso colaborador Borja Tosar di que ten un traballo de Fin de Máster sobre a "Terraformación de Marte". Como o traballo non aparece poñemos a proba os seu coñecementos e supera a proba con éxito. A clave está en poder cocer un ovo no Planeta Vermello.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    18 min
  • Efer 435 (22-4-18): Os Fillos do Sol, un anaco da nosa historia da ciencia
    Zeltia, o caruncho, Fernando Calvet, a efémera vangarda científica da Universidade de Santiago, a represión na universidade logo da Guerra Civil, a liberación de presos polo coñecemento, a síntese do DDT en Porriño... todo isto forma parte da nosa historia recente da ciencia e amósase na película "Os Fillos do Sol". Coñecemos este período histórico con Ricardo Gurriarán.
    O noso colaborador Borja Torsa di que ten un traballo de Fin de Máster sobre a "Terraformación de Marte"...

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    57 min
  • A receita galega do grafeno con furados
    Hai uns meses o investigador do CIQUS Diego Pena contounos en condicional a posibilidade de crear grafeno nanoporoso. Esta semana puidémolo ver como realidade en na revsita Science. Pena cóntanos hoxe como operou un chisco a serendipia neste achado. 198539

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    16 min
  • Efer 434 (15-4-18): Neurociencia do peso corporal
    Coa catedrática de fisioloxía da USC Rosa Señarís coñecemos cal é papel do encéfalo - enconcreto o hipotálamo - no control do peso corporal en humanos. O problema dos quilos de mais ten que ver en como a evolución moldeou o noso cerebro.
    Tamén coñeceremos a dous grupos de investigación galegos que veñen de ver publicadas as súas investigacións esta mesma semana nas revistas "Science" e "Nature" Comunications, que para entendérmonos ven sendo como xogar na Champion League da Ciencia. Con Diego Peña do CIQUS-USC coñecemos a receita galega para elaborar grafeno con furados. Xosé Antón Álvarez Salgado do IIM-CSIC explícanos como chegaron a coñecer que os microplásticos estan a alimentar ás bacterias mariñas.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    57 min
  • Efer 433 (8-4-18): Reanimación nunha planeadora a todo gas
    Imaxinádevos que saídes pescar cuns amigos pola ría de Arousa nunha lancha. Nun momento dado a un dos excursionistas dálle un infarto ao corazón. Que facemos nesta circunstancia onde cada segundo pode marcar a diferenza entre a vida e a morte logo de chamar ao 1 1 2? Cara onde tirar, cara o porto que estea mais preto ou o que este co vento a favor? Podemos empezar a facer compresións no peito? E se así debemos poñer a lancha a toda velocidade ou amainar un chisco para facer a reanimación? Grazas ao grupo de investigación REMOSS da Universidade de Vigo que dirixe Roberto Barcala temos resposta baseada en evidencia a estas preguntas.
    "Paxaros na cabeza" é unha nova sección dedicada ao mundo da ornitoloxía con Nacho Munilla.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    43 min
  • Como Mª José Patiño sen chegar a primeira gañou os 100 m valos para as mulleres
    María José Martínez Patiño fainos matinar nos valores do deporte para integrar a todas as persoas independentemente do que merquen os seus cromosomas. Coñecemos a súa loita pola participación das persoas intersexuais no olimpismo.
    Patiño é investigadora da Universidade de Vigo, asesora científica do Panel de Expertos do Comité Olímpico Internacional e especialista en "Ciencia Política e Deporte" e "Empresa, estratexias empresariais e Deporte de alto nivel".

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    23 min
  • Efer 432 (1-4-18): Se un xogo é bo, pais e fillos xogan xuntos
    Falamos de xogos enxeñosos creados en Galicia con Irimia Fernández (Brazolinda) e Marcos Alonso (Neukos). Xosé Luis Veiga Goy preséntanos o mundial sub-12 de xadrez que ha ter lugar en Compostela.
    A petición dun oínte vía Telegram a @efevesciencia Juan Aguilar explica o que é o flato ou punto.
    María José Martínez Patiño fainos matinar nos valores do deporte para integrar a todas as persoas independentemente do que merquen os seus cromosomas. Coñecemos a súa loita pola participación das persoas intersexuais no olimpismo.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    58 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.
Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21…