Efervesciencia

Efervesciencia

Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • Efer 428 (4-3-18): Un robocop con moito tacto
    Nesta edición efervescente habemos descubrir como o sentido do tacto é moito mais complexo e importante do que cremos, exploraremos un misterioso obxecto oblongo que invadiu o noso sistema solar, sabermos da gravación dunha película documental sobre o lobo en Galicia, e lembraremos como Domingo Fontán pateou o pais durante 17 anos para elaborar unha malla de triángulos que daría lugar ó seu famoso mapa. Deste xeito contaremos coa presenza de Juan Aguilar do Laboratorio de Neurofixioloxía do Hospital Nacional de Parapléxicos de Toledo, o biólogo e documentalista da natureza Arturo Menor, o escritor Marcos Calveiro e o astrónomo Borja Tosar.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    56 min
  • Maniotas: Nin ácido láctico, nin microrroturas
    Todo o que che contaron sobre as maniotas é falso. Juan Aguilar do Laboratorio de Neurofisioloxia Experimental do Hospital Nacional de Parapléxicos de Toledo explícanos o novo paradigma. A cousa aseméllase a un ascensor petado...

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    14 min
  • Efer 427 (25-2-18): Unha tarde con Clara Grima
    Conversamos coa divulgadora e profesora de matemáticas da Universidade de Sevilla Clara Grima sobre grafos, redes sociais, Rosalind Franklin, vacinas, divulgación e teatro.
    Esta semana o Grupo Interdisciplinario de Bioestatística da Universidade de Santiago organizou unha reunión científica sobre Modelado Conxunto de Datos Lonxitudinais e de Supervivencia. Grazas a esta técnica estatística é posible facer determinadas predicións tomando de base medicións tomadas repetidamente no tempo. Isto é algo que pode ser moi útil en disciplinas como bioloxía ou nas finanzas, pero especialmente no campo da medicina.
    En dúas pílulas reproducimos as impresións de varios dos participantes no seminario internacional que impartiu Dimitris Rizopoulos da Erasmus University Medical Center de Holanda.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    57 min
  • Rosalía e Jules Verne
    É o poema “A presa Álvaro d´Anido” de Rosalía de Castro unha homenaxe ás “Viaxes Extraordinarias” de Jules Verne? O xornalista Henrique Neira explora esta suxestiva conexión.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    4 min
  • Efer 426 (18-2-18): Refuxiados conCiencia
    Achegámonos á xornada “Persoas Refuxiadas ConCiencia” organizada polo Consello da Cultura Galega. Kamal Aldalati cóntanos a súa historia como persoa refuxiada e alumno de medicina da USC. Conversamos con Elena Vázquez Cendón (USC), José Edelstein (USC), Eleuteirio Toro (Universidade de Trento), Gino Toro, Rania Ali Salman (USC) e Luis Enrique Otero Carvajal (Universidade Complutense de Madrid).
    É o poema “A presa Álvaro d´Anido” de Rosalía de Castro unha homenaxe ás “Viaxes Extraordinarias” de Jules Verne? O xornalista Henrique Neira explora esta suxestiva conexión.
    O 18 de febreiro de hai 150 o Nautilus visitaba literariamente os fondos de Rande. O profesor de bioloxía do IES Santa Irene de Vigo Rodrigo Pérez preséntanos o proxecto “12.000 libros baixo dos mares”.
    O “listiños” do Silicon Valley pretenden convencernos das bondades de beber auga a pelo. Deborah García Bello pon as cousas no seu sitio.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    57 min
  • Efer 425 (11-2-18): Imos a NOAA, NOAA...
    Os satélites achegan información moi valiosa para coñecer os nosos océanos. Conversamos con Joaquín Triñanes do Laboratorio de Sistemas da USC e colaborador da NOAA.
    Todo o que che contaron sobre as maniotas é falso. Juan Aguilar do Laboratorio de Neurofisioloxia Experimental do Hospital Nacional de Parapléxicos de Toledo explícanos o novo paradigma. A cousa aseméllase a un ascensor petado...
    Con Wicho analizamos a lanzamento do Falcon Heavy.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    55 min
  • Efer 424 (4-2-18): Biodiversidade, escaravellos e cambio climático con BIBICI-USC
    Visitamos ao grupo de investigación da Universidade de Santiago BIBICI (Biodiversidade, Bioxeografía e Conservación de Invertebrados). Andrés Baselga, Carola Gómez e Adrián Castro veñen de publicar un traballo onde amosan cales son os patróns globais de distribución das especies e de como se poden ver afectados polo cambio climático.
    O catedrático de matemática aplicada na Universidade Carlos III explícanos como as matemáticas poden salvar a democracia. Quen divide os distritos electorais en Estados Unidos ten o poder de alterar os resultados. Agora as matemáticas poden detectar o "gerrymandering".
    Inauguramos sección de dedicada á Muller na Ciencia da man de Joana Magalhães falando da celebración do "11 de febreiro" con Gloria Brea.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    56 min
  • Efer 423 (28-1-18): Para que valen as patentes?
    Na presentación do programa 423 falamos da relación que teñen coa xordeira os personaxes das Aventuras de Tintín.
    Montserrat Camiña da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC cóntanos todo o que sempre quixemos saber sobre as patentes: que se pode patentar? As patentes son secretas? É diferente en cada país? Quen se leva os dereitos de explotación?
    Andreu Climent preséntanos a iniciativa "Ciencia en el parlamento" que quere achegar ao lexislativo á comunidade científica a imitación do que ocorre en Australia ou Reino Unido.
    Guía do Ceo con Irene Baspino e Martin Pawley na que adiantamos as efemérides astronómicas que nos imos atopar ao longo do 2018.
    Tamén falamos do vocabulario de termos astronómicos en Linguaxe de Signos Internacional que esta a realizar a Unión Astronómica Internacional. Recomendamos tanto para xordos como oíntes a tradución española do "Diccionario enciclopédico de astronomía en el Lenguaje de Signos francés (LSF)"

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    58 min
  • Tornasol, Castafiore e a xordeira
    Na presentación do programa 423 falamos da relación que teñen coa xordeira os personaxes das Aventuras de Tintín.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    6 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.
Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21…