Efervesciencia

Efervesciencia

Download on the App Store

Efervesciencia episodes

  • O cheiro a choiva [Moléculas en Galego]
    En galego temos mais de 100 palabras para designar á choiva. Nesta edición de "Moléculas en Galego" Javier Balea desvela de onde sae o cheiro da chuvia.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    3 min
  • Novos materiais que permiten refrixerar con sólidos
    Un equipo da Universidade de A Coruña onde participa o profesor de química Manuel Sánchez Andújar vén de crear un novo material sólido híbrido orgánico-inorgánico de estrutura perovskita con propiedades barocalóricas. Isto quere dicir que pode arrefriar ao sometelo a cambios de presión. O obxectivo é que estes materiais poidan substituír os actuais fluídos refrixerantes das neveiras xa que teñen unha importante contribución ao cambio climático. Este traballo, que integra a químicos e enxeñeiros da UDC procedentes do Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA) e dos Departamentos de Química e de Enxeñería Naval e Industrial, vén de gañar o premio 2017 de investigación da Real Academia Galega de Ciencias.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    18 min
  • Láser para fabricar prototipos de vasos sanguíneos
    A física da USC María Aymerich desenvolve dispositivos microfluídicos que simulan vasos sanguíneos mediante ablación láser para o estudo de enfermidades coronarias e tumorais
    Este traballo mereceu o premio de investigación 2017 para menores de 28 anos da Real Academia Galega de Ciencias.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    7 min
  • O evasivo refuxo dos osos pardos na idade de xeo [Axencia SINC]
    Con Eva Rodríguez da Axencia SINC conversamos coa investigadora da Universidade da Coruña Ana García Vázquez sobre a presenza do oso pardo na península ibérica os últimos 10.000 anos. A súa investigación xenética e de fósiles determina que o refuxio climático dos osos nas épocas frías non estaba na península en contra do que se cría. Haberá que ollar para Francia?
    Aquí tedes a nova de SINC
    http://www.agenciasinc.es/Noticias/Los-osos-pardos-ibericos-no-descienden-de-los-huidos-del-norte-en-la-Edad-de-Hielo

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    9 min
  • É o glifosato seguro? con Deborah García Bello
    A evidencia científica di que o uso do glifosato é seguro. Entón, de onde vén o amplo rexeitamento desde os grupos ecoloxistas a este herbicida que é o mais utilizado no mundo? Nolo conta Deborah Garcia Bello.
    Mais información aquí
    https://culturacientifica.com/2017/10/19/prohibir-los-herbicidas-glifosato-anteponer-la-ideologia-la-evidencia-cientifica/

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    9 min
  • Quen determinou que 38ºC é febre? [Ciencia para andar por casa]
    Bibiana García Visos na súa sección "Ciencia para andar por casa" cóntanos como se estableceu que a febre empezaba en 38ºC, e ata 37,7 febrícula.
    A cousa remóntase a mediados do século XIX, cando o médico alemán Carl Wunderlich comezou a realizar os seus estudos de...

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    8 min
  • Efer 421 (14-1-18): Refrixerantes sólidos contra o efecto invernadoiro
    Un equipo da Universidade de A Coruña onde participa o profesor de química Manuel Sánchez Andújar vén de crear un novo material sólido híbrido orgánico-inorgánico de estrutura perovskita con propiedades barocalóricas. Isto quere dicir que pode arrefriar ao sometelo a cambios de presión. O obxectivo é que estes materiais poidan substituír os actuais fluídos refrixerantes das neveiras xa que teñen unha importante contribución ao cambio climático. Este traballo, que integra a químicos e enxeñeiros da UDC procedentes do Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA) e dos Departamentos de Química e de Enxeñería Naval e Industrial, vén de gañar o premio 2017 de investigación da Real Academia Galega de Ciencias.
    Tamén conversamos con María Aymerich gañadora na modalidade de científicos novos por teren desenvolvidos dispositivos que simulan vasos sanguíneos.
    Deborah García Bello explícanos a polémica do glifosato e por que o seu uso é seguro. Bibiana García Visos cóntanos como se estableceu que a febre empezaba en 38ºC e con Eva Rodríguez de SINC e Ana García Vázquez saberemos o que lle aconteceu aos osos ibéricos durante os últimos 10.000 anos.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    59 min
  • Efer 420 (7-1-18): Luz contra o verdello
    As pedras de granito coas que está construído boa parte do noso patrimonio son atacadas por consorcios de algas, bacterias e outros organismos. O proxecto "Light4Heritage" estuda como a luz artificial pode modular o crecemento destes colonizadores. Tras os test no laboratorio agora os investigadores ensaian nun entorno real sobre 3 paredes de monumentos composteláns. Achegamos os nosos micros ao Departamento de Edafoloxía da USC para conversar sobre "Light4Heritage" con Patricia Sanmartín, Justo Arines, Rafael Carballeira e Javier Cancelo. Será a luz ornamental unha ferramenta de control do verdello ou o seu uso é incompatible coa loita contra a contaminación luminosa?
    O infografista e ilustrador galego Alvaro Valiño é o autor da portada e da imaxe do achado do ano da revista Science.
    Deborah García Bello desmonta o viño do vaso de viño diario cardiosaudable e nas Moléculas en Galego Javier Balea desvela o secreto do cheiro a choiva.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    58 min
  • Efer 419 (31-12-17): Necesitamos ver para facer astronomía?
    Esta última entrega efervecente do ano vai ser a mais paradoxal da décima tempada de Efervesciencia. Durante medio programa imos contarvos como recuperar o gozo de ollar pro ceo a ollo espido cun caderno e un lapis nas mans e na outra metade habemos convencervos de que podemos prescindir dos nosos ollos pra facer e divulgar astronomía.
    Os protagonistas destas historias son Leonor Ana https://www.astronomadas.com e Enrique Pérez Montero http://astroaccesible.iaa.es/

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    57 min
  • Efer 418 (24-12-17): A ciencia avanza que é unha barbaridade 2017
    Especial coa mellor ciencia do ano 2017 segundo a escolma de Science comentada polos colaboradores efervescentes Deborah García Bello, Borja Tosar, Rosa Pedrido, Bibiana García Visos e Irene Baspino.

    Para comentar o achado do ano, xunto José Edelstein incluímos unha entrevista a Alicia Sintes, investigadora da Universidade das Illas Baleares e co-directora dun dos grupos que analizan os datos de detección de ondas gravitacionais de LIGO-Avanzado. A entrevista íntegra tamén está dispoñible no noso podcast.

    A nosa web oficial www.efervesciencia.org

    En Bluesky @efervesciencia.org

    Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
    57 min

About Efervesciencia

From the publisher's feed

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.
Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21…