Hoxe, 30 de setembro, ás 21:00 comeza o Maratón Radiofónico co que as socias e socios de CUAC FM despediremos a emisión por frecuencia modulada, ás 01:03:40 da noite do domingo ao luns 2 de outubro.
Serán 28 horas 3 minutos e 40 segundos consecutivas de emisión, producidas polas voluntarias da emisora, así como antigos colaboradores que se sumaron a este programa especialA partires dese momento, CUAC FM apaga a súa emisión no dial do 103.4 da FM.
Esta decisión é ocasionada polo expediente sancionador aberto pola Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia pola emisión sen licencia.
Hoxe CUAC FM quere seguir sendo un espazo aberto a comunidade, polo que vos podedes achegar nesta despedida pola Zapateira para despedir o 103.4 FM, participade a través do chat do directo CUAC FM, no teléfono de directo 881 01 22 32 ou deixando mensaxes e audios no Whatsapp no número 644737303
Se non nos podes escoitar na FM, sempre está dispoñible o streaming por internet en https://cuacfm.org/directo ou descargar a App movil (Android) (iPhone)
Quen teña honra, que nos siga. #CuacResiste