Seguro que a palabra "Sostemento" nos soa ben pouco. Pois iso vai cambiar, xa que no programa de hoxe, en durante os vindeiros meses, coñeceremos de primera man que é iso de "soster" a Igrexa e como non só refire a termos económicos, senón tamén o importante que é para as nosas parroquias e comunidades que lle dediquemos o noso tempo, as nosas calidades e a nosa oración. Na Igrexa somos unha familia e necesitamos todos de todos. Coñeceremos, da man de Xoán Xosé Fernández, quen, como ecónomo diocesano, forma parte dunha comisión integrada por catro laicos que están a traballar arreo por concienciar sobre novas formas de colaborar coa Igrexa.
Programa «El Espejo de Mondoñedo-Ferrol» do venres 29.11.2024. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Baruk Domínguez a través de COPE Ferrol e COPE da Costa-Ribadeo.