Neste canto, El Arrebato fálanos de mochilas, de aventura, seguir un camiño lixeiros de equipaxe. Sérvenos para anunciar que entre o 19 e o 26 de xullo de 2026, centrado no tema das benaventuranzas, vai ter lugar unha nova edición do Campamento Diocesano. Recentemente celebrouse a asemblea xeral do Colectivo e hoxe temos con nós a Ángela Requejo, vogal da coordinadora, con quen falaremos desta cita fundamental no calendario da diocese dirixida aos máis novos.
Programa «O Espello de Mondoñedo-Ferrol» do venres 16.01.2026. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Javier Martínez a través de COPE Ferrol e COPE da Costa-Ribadeo.