Rock and Roll, metal, jazz, blues, soul..., músicas da nosa terra e do resto do mundo, grupos locais, datas de concertos, entrevistas...todo isto e moito máis cada tarde no programa Ensaiar é de Cobardes. Conversamos, por teléfono, con Noly e con Angélica, coordinadora local e usuaria da Cruz Vermella da Estrada, están a facer, na Sala Abanca, unhas alfombras florais. Pedro traenos, esta tarde, cancións de películas que forman parte da historia do cine.