Rock and Roll, metal, jazz, blues, soul..., músicas da nosa terra e do resto do mundo, grupos locais, datas de concertos, conversas, falamos de lingua e de cine, escoitamos músicas e grupos inolvidables, coñecemos propostas das persoas máis novas, desfrutamos de recomendacións lectoras, ...todo isto e moito máis, cada tarde, no programa Ensaiar é de Covardes. No "Recuncho da Lingua", espazo dirixido pola mestra de Lingua, Pilar Bernárdez, participan alumnas do IES Nº1 da Estrada, Alba, Lía, Noa, Manuela e Ana xunto coa súa mestra Bea, conmemoran o Día Internacional da Muller.