Rock and Roll, metal, jazz, blues, soul..., músicas da nosa terra e do resto do mundo, grupos locais, datas de concertos, conversas, falamos de lingua e de cine, escoitamos músicas e grupos inolvidables, coñecemos propostas das persoas máis novas, desfrutamos de recomendacións lectoras, ...todo isto e moito máis, cada tarde, no programa Ensaiar é de Covardes. Pedro convidou esta tarde a Montse Torres, Manuel Casais, Antón Álvarez e a José Tato, compoñentes de Os Ke Hai, De Tazas e o grupo Regatos, formacións que participan nun novo programa de TVG, "Traes unha cantiga?". Selección de Barri: George Michael e Astrud Gilberbo, Frank Sinatra e Bono, Metheny and Friends e Daryl Hall e Diane Birch.