O río Mero... ese gran descoñecido que lle costou a nosa locutora Sara Alonso 3.000 euros no Ti verás da TVG. E ti? Acertarias onde está esta corrente de auga?
Hoxe falamos con Kiko da Silva, referente do cómic galego que lanza A viñeta de Schrödinger, unha nova revista en galego dedicada á banda deseñada.
Sendo o sábado a festa da diversidade de Moaña, non quixemos perder a oportunidade de falar con Pablo Ríos, concelleiro de Mocidade, pero que nos contase os entresixos desta cita.
Tamén contamos con Andrea, veciña de Tui, e creadora dun crowdfunding para axudar aos afectados pola explosión na súa vila.