Comezamos programa falando con Iván Méndez, chef, natural de Ponteareas e está a piques de facer as maletas e deixar os fogóns dor estaurante Marina Dávila para adentrarse nun fermoso proxecto coma é Un chef no rural.
Carlos García, baixista de La casa de los ingleses, fálanos do seu primeiro disco que sae a venda o día 20, pero para abrir boca, os pontevedeses xa publicaron Nunca lo veremos. Un adianto xenial en formato de videoclip, animado por José Aragunde e con ilustracións de Ana Seoane.
Por último, David, tesoureiro da Protectora Os Biosbardos, infórmanos de todos os detalles dos paseos dominicais cos cans que organizan un domingo de cada mes e que podedes apuntarvos para pasar un bo anaco con estes animais.
E aproveitamos que hoxe da comezo a selectividade galega para preguntar como son ese nervios antes dun exame e repasar anécdotas ao longo deste 26 anos.