O arte das chuletas, de sacar medio puntiño nun exame facendo algo de trampa (non moita...). Quen non o ten feito? Iso volo preguntamos hoxe, e diso falamos como exe central do programa.
O colectivo Teta Meiga contounos hoxe o interesante proxecto que é Espazo Crianza. Dende agora, as nais de Pontevedra sempre terán un local preto para poder dar o peito.
Tamén falamos con Fernando Prieto, de Gato Salvaje Estudio, sobre os videoxogos en Galicia, a potencia creativa e de empleo que encerran, e un dos seus proxectos a medio prazo máis ambiciosos: The Waylanders, un videoxogo galego, ambientando nas súas lendas.
Ah, e contactamos con Albino, dono do Bar Gaviria, para que nos describise como vai ese Retapas que tanto furor causa no Casco Vello.