Quén non quixo ser mago? Ou polo menos ter algunha varita coa que facer algún encantamento de ser preciso... Diso falamos no Esperta de hoxe. De posibles encantamentos, dos seus pros, das súas contras.
O Winterfest é un festival que se celebrará o sábado no CVCV. Era obrigado traer ata o estudo a profesora do noso grupo de baile, As Sereas. Ana Paula falou de baile connosco, de movementos, de gustos, de tendencias e deixou unha mensaxe clara: reguetón? Non, gracias.
Tamén conversamos con Xurxo, da librería Librouro sobre o secuestro de Fariña, a posibilidade de facerse agora cun exemplar e o escuro momento que parece vivir a cultura.
Por último, falamos con dous dos integrantes de Marinita y sus Maromas, que hoxe pola tarde levarán ata o Mimosa Café Teatro Hechizadas. Un espectáculo onde o transformismo masculino e feminino, supón toda unha innovación.