Novos empregos e adaptacións na "era covid".
-As pantallas publicitarias de RelEYEble, nas que segundo quen estea diante o software cambia a imaxe publicitaria. Adaptáronse para detectar os rostros que levan ou non máscara. Contóunolo Elisardo, un dos fundadores desta spin-off saida da UVigo.
-Sair de ruta en grupo pola natureza tamén ten o seu aquel agora mesmo. Conversamos con Gerardo, da Senda do Moucho sobre as saídas á serra do Suído, acampada naturista nas Cíes e unha ruta en barco pola ensenada de San Simón coñecer os golfiños e arroaces.
-Os magos tamén adaptaron os seus espectáculos. Óscar Fernández, de Maxia na Manga, achegouse ata o estudio, non a amosarnos trucos. As mañás desta semana "entreten" os rapaces do campamento de verán no centro veciñal. Como o fai e que lles sorprende mais?
3 rapaciñas dos campamentos pasan polos micros a "confirmar ou desmentilo".