José Tomé ven de formaliza-la súa renuncia á presidencia da deputación de Lugo. Faino defendendo a súa inocencia e indefensión, e logo de participar nunha xunta de goberno que o BNG, os seus socios ata o de agora, abandonaron en forma de repulsa pola súa presenza. Eles e o PP insisten en que debe deixar tamén a súa acta, e os socilaistas galegos deben dar explicacións. Agardamos oilas esta tarde tra la executiva nacional
- Omega cualifica d éxito as catro xornadas de folga e o conselleiro confía en ter reprogramadas a finais de mes tódalas cirurxías aprazadas
- A comisión galega da competencia sanciona a Monbús e a 21 empresas deste grupo e de Alsa con 1,6 millóns de euros e un ano sen concesións de transporte
- Repsol compromete pro ano 2027 o traslado da súa terminal da Coruña ó Porto exterior, cun investimento de 140 millóns de euros
- No tempo, agardamos unha tarde máis seca no oeste
Escuchar audio