Enlease máis a situación no PSdeG. Agora coa petición de dimisión do alcalde de Barbadas por acoso laboral: este responde e sinala que quen ten que face-lo é o secretrio xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gomez Besteiro, pola xestión das denuncias.
É moi probable que o debate sobre estas denuncias se repita hoxe no Parlamento, na sesión de control..
Na Cámara galega este luns quedou aprobada a Lei que prohíbe a venda de vapeadores e bebidas enerxéticas a menores e a de orzamentos. Esta última con críticas da plataforma contra o expolio eólico ou a que defende a sanidade pública.
Deportes. O Deportivo está en oitavos de final da copa tras eliminar ó Mallorca. Hoxe turno para o Celta en Albacete.
O tempo. Recuperamos transitoriamente a influencia das altas presións. Comeza o día con neboas no interior, logo o ceo quedará moi aberto
Escuchar audio