Santiago desatasca o seu conflito con bombeiros e policía local cun principio de acordo, que remediaría as principais discrepancias: a remuneración das horas extra.
Hai máis de mes e medio que os axentes traballan baixo mínimos ó negarse a facer horas extra pola falta de efectivos.
-Remata sen acordo a reunión de mediación da tarde deste mércores entre os sindicatos do transporte por estrada da provincia e a patronal. A parte social agarda retomar hoxe as conversas, na véspera da cuarta xornada de folga do sector das últimas semanas.
- A Xunta daralle unha axuda directa de 10 millóns de euros á cooperativa Galivivenda para garantir a construción de pisos protexidos en Xuxán.
-Mañá farase pública a lista definitiva das candidatas á reitoría da Universidade de Santiago, e a catedrática Alba Nogueira xa presentou toda a documentación requerida pola comsión electoral pra evitar a sua exclusión definitiva do proceso
Escuchar audio