En Santiago o PP e os non adscritos volverán tumbar o pago das facturas pendentes de abonar polo concello, por valor de 1,3 millóns de euros.
O goberno local de Goretti Sanmartín volverá levar ó pleno de mañá o pago destas débedas que, salvo sorpresa de última hora, seguirán sen abonarse. -
-A dúas semanas de que remate o ano, María Pita asegura que cumprirá o compromiso de sacar a licitación do novo contrato da planta de Nostián antes do 2026.
- A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública en Compostela denuncia a saturación estrutural do Complexo Hospitalario de Santiago
-A demanda de percebe dispárase coa proximidade do nadal, pero o sector estáse atopando con serias dificultades. A forte ondada na costa e as mareas pouco favorables complican a captura dun dos mariscos estrela destas festas.
-Nos Deportes, o Deportivo da Coruña vence ó Mallorca e consegue meterse en oitavos de final da Copa do Rei
Escuchar audio