Dende que comezaron a rexistrarse en 2008, 62 mulleres foron asasinadas en Galicia polas súas parellas ou ex-parellas. Dúas neste ano: Josefa, de 76 anos, asasinada en abril no concello ourensán do Bolo, e Maritza, de 49, que morría na Coruña no mes de xuño. Hai máis de 6 mil casos activos de violencia de xénero en Galicia, e milleiros que aínda non deron o paso de denunciar. Por todas elas, hoxe, mobilízase a sociedade e as administracións.
- A folga en atención primaria dende mañá ó venres segue en vigor, co apoio da CIG e do sindicato médico, que ainda negocia
- A industria do aluminio advite de sobrecustos masivos pra produción dende o vindeiro ano por un novo imposto pra evita-la fuga de carbono
- Cinco organizacións piden ó concello de Vigo que declare a zona de mercado residencial tensionado e limite os prezos do alugueiro
Escuchar audio