Que tal, moi boa tarde.
Novo episodio de protestas do sector dos coidados. Os traballadores piden melloras laborais pra afianzar a atención que se lle da ós usuarios. Así o reclamaron esta mañá nunha manifestación en Compostela.
Na política, o BNG celebra hoxe en Teo o seu Consello Nacional, coa ollada posta nas vindeiras eleccións municipais .
Mentres, hoxe a axenda do PPdG céntrase no 25N. As populares apelan á liberdade das mulleres e acusan á esquerda de ir en contra dos intereses das vítimas de violencia machista.
Nos deportes, nuns minutos empeza o Alavés - Celta en Vitoria.
E en páxina cultural, achegámonos á mostra da fotógrafa Annie Leibovitz, na Coruña, que abre hoxe as portas da man da Fundación Marta Ortega.
Ademais, no tempo de entrevista, conversamos coa recoñecida actriz María Vázquez.
E por certo, o cineasta galego Ángel Santos vén de gañar o Premio á mellor dirección no Festival Internacional de Cine de Xixón polo filme "Así chegou a noite". Tamén foi galardoado, Anxos Fazáns polo guion do filme 'As liñas descontinuas'.
Todo isto nunha xornada fría, que xa deixou temperaturas baixo cero en moitos puntos do interior. -7 graos rexistráronse en Calvos de Randín esta mañá.
Escuchar audio