Hoxe novo intento pra acadar un acordo entre o SERGAS e os sindicatos pra evitar a folga covocada en Atención primaria. Este xoves escoitamos tamén as queixas dos usuarios, consideran que a falta de médicos provoca retrasos nas citas e que os facultativos lles poidan dedicar menos tempo.
Medicina: o luns a xunta de facultade aborda o acordo sobre a descentralización de medicina conta o que xurdiron críticas internas.
As estradas deixanos outra víctima mortal. Un motorista perdeu a vida no Morrazo tras colidir cunha furgoneta. A vícitma é un mozo de 25 anos, fillo dun concelleiro do PP de Cangas.
O tempo. Nestas primeiras horas aínda pode caer algún chuvasco no norte. Pero logo quedará unha xornada sen moitas nubes. As temperaturas van seguir baixas, recuperaránse de novo na fin de semana
Escuchar audio