Comezamos neste Mediodía Galicia, segundo día da semana, e cada xornada máis fría que a anterior. Esta a semana parte da actualidade está na baixada das temperaturas.
Segundo día ademais de pleno no Parlamento, que nos deixa avances na atención ás vítimas de violencia de xénero.
E damos conta da morte dun traballador que se atopaba nas obras do AVE en Ourense, a partir das dúas e dez iremos ata San Cibrao das Viñas.
Antes, nos vindeiros minutos imos falar doutra nova que igual viron estes días, unha árbore da Coruña que opta a ser árbore do ano. A iniciativa leva xa varios anos poñen en valor a riqueza natural que temos entre nós, lembren hai uns anos o carballo do Banquete de Conxo, en Santiago por exemplo.
Tamén hoxe falamos da dobraxe audiovisual e dos perigos dos programas de intelixencia artificial que rouban as voces, os contidos.
Escuchar audio