Mariola Sampedro é a nova alcaldesa de Ribeira tras prosperar a moción de censura presentada polo PP e tres concelleiros indenpendentes a Luis Pérez Barral, do BNG.
Un pleno bronco, ao que asistiron ducias de veciños divididos entre os que expresaron o seu rexeitamento á iniciativa ou a favor da mesma.
Dous meses despois da declaración da Coruña como zona de mercado residencial tensionado, o prezo dos alugueiros baixou na cidade. Segundo os últimos datos do Observatorio da Vivenda da Xunta, o descenso foi do 0,35 por cento.
O concello de Santiago traballa nun novo informe para solicitar a zona residencial de mercado tensionado, din desde Raxoi, a pesar dos atrancos que está a poñer a Xunta.
A deputación da Coruña apoia as reivindicacións do Foro Cidadán polo Ferrocarril de Ferrolterra. Desde o Foro avanzan unha gran mobilización comarcal para demandar a súa modernización.
Escuchar audio