Saúdos, bo día... Ribeira terá hoxe, previsiblemente, a súa primeira alcaldesa: a popular Mariola Sampedro. Os dez edís do PP, con tres dos independentes, suman apoios suficientes para botar da alcaldía ao BNG
O nacionalista Luis Pérez Barral explica a moción de censura en intereses partidistas.
Deseguido ampliamos, antes outros titulares da xornada con
-Unha cadea humana de 5 quilómetros uniu esta fin de semana o Hospital do Barbanza co centro de saúde de Ribeira en protesta pola falta de médicos en atención primaria
-O persoal do Servizo de Axuda no Fogar de Arteixo Norte denuncia as precarias condiccións laborais coas que traballan. Piden á empresa concesionaria actual que cumpra co compromiso adquirido
-Xornada destacada do festival Galicreques que está a celebrar o seu 30 aniversario durante esta semana en Santiago. Artistas de edicións anteriores chegarán esta noite á alameda compostelá
Escuchar audio