Bos días. Pendentes dos maiores desaloxados dunha vivenda comunitaria de Amoeiro, na provincia de Ourense. A Xunta detectou irregularidades na xestión e decretou o peche do centro, de titularidade privada. Deseguido máis detalles.
Nun día no que miramos a Gaza, porque xa escoitaran Israel interceptou os barcos da flotilla humanitaria que leva axuda á poboación. Hai galegos a bordo, unha delas forma parte das persoas detidas. O goberno israelí anunciou que están a ser trasladados a un porto do país.
Hoxe Vigo acolle o acto central do Día da Policía. Presenza en Galicia do ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska.
E esta noite, fútbol europeo en Balaídos. O Celta recibe o Paok grego no seu segundo partido da Europa League.
Escuchar audio