Luces e sombras na remodelación de frecuencias das conexións de alta velocidade que hoxe entrou en vigor. Renfe salienta que a chegada dos S106 permite multiplica-la oferta. Son 11 as conexións por sentido entre Galicia e Madrid, pero non todas están dispoñibles pra tódolos cidadáns... En Vigo, conseguen por fin baixar das 4 horas de viaxe, pero teñen 7 conexións. Botan de menos enlaces co resto das saídas. Os veciños de Lugo, Vilagarcía ou A gudiña, perden enlaces especialmente nas horas máis demandadas, as máis tempraneiras
- O PSdeG apoiará a petición do Bloque pra modificar a orde do pleno do Parlamento de mañá.
Demandan a comparecencia de Alfonso Rueda pra que informe das circunstancias da renuncia do conselleiro do Mar denunciado por agresión sexual.
- Aprobada unha nova convocatoria do bono turístico para desfrutar no último trimestre do ano
Cada bono terá 150 euros e poderán pedirse dous por persoa. Cun orzamento dun millón de euros, a Xunta financiará o 40 % de cada reserva
- Pola tarde, concentración ante o IES Escolas Proval en Nigrán pra demandar á Xunta medidas ante os elevados niveis de radon.
Supera ata en tres veces o limite legal, o que supón un grave risco para a saúde da comunidade escolar.
- Tres días despois do vertido de xurros ó río Landro, os veciños de Viveiro continúan sen poder consumir a auga da traída.
As últimas análises xa reflicten mellores resultados e mañá podería normalizarse o servizo.
- O tempo. Destacan as altas temperaturas, sobre todo no sur, e o vento no norte da Coruña
Escuchar audio