O traspaso das competencias da AP-9 a Galicia máis cerca. O pleno do Congreso aprobou o proxecto de lei que o permite, pero, de novo, os tres grupos que promoveron a iniciativa desde o Parlamento galego votaron separados. PSOE e BNG, xunto a Sumar, lograron o apoio maioritario da Cámara; o PP, con Vox, votaron en contra.
se viaxan en tren teñan en conta que hoxe comeza a segunda fase dos traballos na estación intermodal da Coruña. Obriga a sair ou a chegar á coruña en autobús. Ademais, anúlanse algúns servizos.
E, movementos solidarios tamén en Galicia con Venezuela. Aquí está asentada unha importante colectividade daquel país castigado polos terremotos. Ó mediodía hai previstas concentracións ante os concellos.
O tempo. Mantense a inestabilidade e os chuvascos. As temperaturas sen cambios significativos ou algo máis baixas as mínimas
Escuchar audio