Hoxe, en moitas praias da provincia... Milleiros de persoas... o redor de 200.000 só na Coruña, gozaron da que é a noite máis máxica... Coas cacharelas pero tamén.. Cun chamamento por parte do Concello a ser responsables... A praia debía desaloxarse o redor das seis da mañá.. E a esta hora xa traballan os servizos de limpeza.. Nos próximos minutos iremos ata alí en directo pra ver cal é a situación a esta hora...
- Estabilizado o incendio que afecta ás Fragas do Eume. Con aproximadamente 50 hectáreas queimadas no parque natural, é o segundo foco no concello da Capela nestes días.
- Hoxe remata a folga no sector da alimentación que comezou o pasado domingo, malia que a maioría de establecementos están hoxe pechados porque é festivo. Onte celebraronse mobilizacións en Santiago, A Coruña, Ferrol e Ribeira. O conflito afecta a arredor de 17-Mil empregados.
-O Premio Literario San Clemente, do IES Rosalía de Castro de Santiago, foi galardoado cun dos Premios Nacionais ó Fomento da Lectura deste 2026. Consideran que a súa traxectoria, impacto e carácter innovador ó longo dos seus máis de 30 anos de historia promove o diálogo entre distintas tradicións literarias e achegou os estudantes a grandes figuras das letras
Escuchar audio