Nova xornada de folga no sector da alimentación da provincia da Coruña. Despois de oito reunións sen avances coa patronal, os sindicatos CIG, UGT, Comisións Obreiras e USO, volven hoxe ás rúas pra reclamar un salario e unhas condicións laborais dignas. Nuns intres conectaremos en directo con eles pra saber mais deste conflicto que afecta a arredor de 17.000 empregados.
- A primeira reunión de mediación entre os sindicatos e patronal do metal remata sen acordo pra resolver o conflito que afecta a 18 mil traballadores da provincia. O xoves retomarán as conversas.
- A provincia da Coruña prepárase pra vivir a noite mais máxica do ano. Na cidade herculina o concello aumentará o dispositivo de limpeza pero pide reponsabilidade á cidadanía pra evitar a imaxe do lixo do día seguinte.
-Fene convértese un ano máis en capital da arte urbana. Está en marcha a cuarta edición do PERLA MURAL FEST, cos mellores muralistas do panorama actual, actividades pros máis pequenos e festival musical incluido
Escuchar audio