O verán entrou con temperaturas propias da canícula. Por diante outra xornada de moita calor. As máximas van rondar hoxe os 40 graos. Hai aviso vermello no centro e montaña de Lugo e laranxan no interior das catro provincias. Só se van salvar zonas do litoral como a área da Coruña ou a Costa da Morte, onde quedarán por debaixo dos 30 graos. Temperaturas que invitan a acudir as prais, pero fágano con precaución, onte morreron dúas persoas en praias da Coruña.
Onte Ourense marcou a máxima, 39 graos e producíronse algúns chuvascos de tronada: en Melide recolléronse 15 litros por metro cadrado.
Durante a noite mantivéronse as altas temperaturas: un exemplo, no concello ourensán de Rubiá, pouco despois das seis da mañá, o termómetro rozaba os 28 graos.
Risco pola calor e tamén pros incendios. Este domingo rexistráronse dous na Mezquita, en Ourense, e no concello coruñés da Capela
Escuchar audio