A fiscalía de Lugo é partidaria de practicar novas dilixencias na investigación por presunto acoso sexual ó expresidente da Dedputacion, José Tomé. Oponse o sobreseemento que pide a súa defensa.
En Vilagarcía hoxe pasarán a disposición xudicial os detidos na operación policial contra o tráfico de droga. Este mércores recibiu sepultura o home que faleceu tra-la entrada da policía na súa casa. E, segue a busca do home fugado en Ponte Caldelas tras ferir a súa exparella.
Destacado tamén o tempo.
Hoxe con dúas áreas diferenciadas: as néboas refrescarán o ambiente nas comarcas próximas ó litoral. No sur de Lugo e Ourense volverán a rebasar os 30 graos e poden repetirse os chuvascos treboentos.
Agárdase que non sexa como onte que se rexistraron ata 5 mil raios e fortes chuvascos acopañados de sarabia.
En Carballeda de Valdeorras ou Sober chegaron a recollerse 30 litros por metro cadrado. Producíronse anegamentos en Monforte, O Barco, vilamartín ou Viana do Bolo. Nestes últimos dous concellos houbo desprendementos de terra o que fixo impracticables varias estradas.
Na Gudiña, as baixadas de auga cheas de cinzas e lodo levaron a prohibir o consumo de auga da traída ata novo aviso.
Antes de que chegara a tronada, en Leiro, os termómetros marcaron case 36 graos
Escuchar audio