Nova xornada de folga hoxe no sector do metal...logo de que rematase sen acordo en canto a salarios e temporalidade, a xuntanza de 5 horas entre patronal e sindicatos, a pasada tarde. Hai 18 mil persoas afectadas na provincia
Isto nun martes con folga tamén das traballadoras da limpeza dos colexios de Santiago. Denuncian que a empresa concesionaria non está a aplicar as melloras laborais incluidas no novo contrato municipal.
A esta hora, -cadrando coa entrada ás aulas- o colectivo visita os centros educativos para informar ás familias da situación
-O consello da Xunta edificará as primeiras vivendas públicas de Santiago con técnica industrial, un novo sistema construtivo. Serán 34 inmobles, no barrio de Santa Marta, grazas a un investimento de 7 millóns de euros.
-o BNG da Coruña pide ao goberno local de Inés Rey informes complementarios sobre a situación económica do concello e a débeda dos 12 millóns de euros que ten.
-DOs sucesos: un home perde a vida en Carballo ó sufrir un accidente co seu tractor; e en Santiago, aparece un cadáver nunha finca da rúa das Hortas, todo apunta a que se trata dunha muller octoxenaria desparecida días antes na zona
Escuchar audio