Xa coñecemos a sentenza da chamada Operación Asunción, a que desartellou unha rede de trata de mulleres con fins sexuais en Narón e Ferrol. A Audiencia Provincial condena a 54 anos de cárcere ao matrimonio que xestionaba os pisos onde as vítimas eran explotadas.
Damos conta tamén da pena acordada coa Fiscalía para o acusado do crime de Montealto, condenado por estrangular a unha octoxenaria en 2023. O home acepta 18 anos e medio de prisión
-Ecoloxistas alertan da afección ambiental que ocasionaría a instalación do parque eólico de Satrebares. Aseguran que aumentaría o risco de mortalidade de 94 especies de aves
-A veciñanza das Somozas alerta dunha avalancha de partes médicos denunciando as afeccións ambientais de Sogarisa. A planta de xestión de residuos industriais xa ten paralizada parcialmente a súa actividade por incumprimentos ambientais
-Na Coruña, os populares cren que a aprobación dos presupostos evidencia o deterioro democrático da cidade. O plan orzamentario aprobarase no pleno de mañá, logo de que se inadmitisen tóda-las alegacións presentadas en contra
Escuchar audio