Desde Burela ó Hospital público de Lugo hai case cen quilómetros. É a distancia que moitos veciños da Mariña teñen que percorrer para someterse a unha proba rutinaria coma unha colonoscopia. Todo porque no seu centro comarcal de referencia ou non hai persoal para atendelos a todos ou faltan medios. Hoxe terceira concentración semanal para pedir solucións ó Sergas coa advertencia de que non se ofrece a mellor asistencia actualmente na Mariña.
Algo que o conselleiro nega malia recoñecer que a Xunta está pendente de resolver a incorporación de persoal. Sanidade tamén reitera que traballa en mellorar a seguridade despois das agresións no CHUAC da Coruña ou no CHUF de Ferrol, pero os traballadores non ven melloras nos protocolos activados
- Accidente laboral mortal no Hospital do Barbanza.
Ó mediodía gardous un minuto de silencio polo operario que morreu electrocutado cando motaba a climatización dun dos quirófanos.
- O comité de POVISA considera que o novo contrato co SERGAS será beneficioso para usuarios e traballadores.
Povisa cobrará 195 millóns por dous anos, o que supón un aumento dun 16 por cento respecto ó anterior.
- A oposición demanda á Xunta medidas de apoio ós sectores máis expostos á guerra comercial.
Ana Pontón e Gómez Besteiro mantiveron en Cambados reunións con representantes da denominación Rías Baixas
- A xunta reactivará, con pequenos cambios, a normativa para a xestión do lobo vixente antes que de fose prohidida a súa caza.
Agora os concellos poderán facer tamén solicitudes pro control desta especie
Escuchar audio