A Xunta citou pra esta hora ós representantes dos principais sectores afectados polos vaivéns no comercio internacional orixinados polos incrementos dos aranceis. A preocupación non desaparece a pesar de que a administración Trump aprazara a suba de taxas os bens que proceden a Unión europea.
Catro conselleiros reúnense desde esta hora cos empresarios para abordar medidas que pidan compensar os fectos negativos nas exportacións a Estados Unidos.
A socialista Lara Méndez asegura que o excutivo galego xa vai tarde. De novo a política arancelaria na portada. Pero este luns hai outras noticias destacadas.
- Concentración ás portas do Hospital Álvaro Cunqueiro, en Vigo, para protestar polas agresións ó persoal sanitario.
A última o pasado xoves, pero a xunta de persoal asegura que este tipo de episodios se repiten cada vez máis.
- O BNG pon o mal estado das infraestructuras sanitarias en Ourense como exemplo do acoso do PP á sanidade pública.
Ana Pontón asegura que a Xunta recurtou 2 mil millóns na Atención Primaria e aumentou nun 18 por acento os recursos públicos á privada.
- O persoal da residencia de maiores de Caranza, en Ferrol, denuncia represalias por parte da Consellaría de Política Social.
Cinco traballadoras -catro delas afiliadas á CIG- foron expedientadas tras participar nunha protesta recente.
- A Semana Santa comezou cunha ocupación hoteleira media do 45 por cento, lonxe das estimacións iniciais, que apuntaban ó 60 por cento.
A inestabilidade meteorolóxica fixo que houbese moitas cancelacións de última hora
- O tempo. Van continuar os chuvascos. Hoxe destaca a caída das temperaturas
Escuchar audio