Incógnita en Cambre polo futuro do concello. Este martes o edil de Unión por Cambre, Ramón Boga, daba a coñecer a súa dimisión poucos días despois de que María Pan, a ex-alcaldesa, tamén decidira deixar o bastón de mando. O vindeiro luns o municipio da área metropolitana coruñesa celebra un pleno do que sairá o novo goberno local. Hoxe mércores, o partido de Pan e Boga levará a cabo unha asemblea pra decidir qué posición tomar nesa sesión plenaria.
- Os traballadores de Ilunion Lavanderías, en Santiago, anuncian mobilizacións pra pedir melloras no seu convenio. Son preto de 200 traballadores, dos cales o 90 por cento conta con algun tipo de discapacidade.
- Memorialistas pídenlle á Xunta sancións máis graves pra familia Franco por non abrir a Casa Cornide ao público 4 días ao mes.
- A mostra de encaixe de Camariñas arranca esta tarde. Neste informativo conversaremos coa concelleira do ramo pra afondar nos detalles
Escuchar audio