Seguen a chegar valoracións sobre a celulosa de Altri... O CSIC considera que aínda faltan datos do impacto ambiental e cuestiona o estudo realizado pola Xunta pra darlle luz verde. Pero o goberno galego mantense na mesma postura e insiste en defender o rigor dos técnicos. Mentres, a ministra Yolanda Díaz dixo hoxe non entender que o proxecto pretenda financiarse con fondos europeos.
Aínda en páxina industrial, a compañía viguesa Atunlo entra en liquidación con máis de 120 millóns de débeda. Precisaban do 65% do respaldo dos acreedores e quedáronse, moi preto, no 60%. Tras catro prórrogas, hoxe era o último día para conseguir os apoios.
Escuchar audio