Un dos proxectos mineiros escollido pola Unión Europea como estratéxico está en Galicia, no concello ourensán de Beariz, para a extracción de litio. Esta consideración fai que os prazos administativos pra obter os permisos sexa máis reducidos e para os ecoloxistas suporá que os promotores poida saltarse determinadas normas medioambientais.
O debate de Altri centra o pleno do Parlamento. Onte coa comparecencia da conselleira de Economía e ocorrerá o mesmo na sesión de control.
Deportes. o Baxi buscará hoxe en Ferrol un resultado que lle permita afrontar con garantías a volta da final de eurocup de baloncesto. A cita ás oito: poderán escoita-lo en r-5 Galicia.
e hoxe temos unha cita máis, en Valença do Minho. Radio nacional estará nos actos cos que se conmemora o trixésimo aniversario de Ponte nas Ondas! Ás cinco da tarde estaremos en directo por R-5 desde a Alfándega de Valença.
O tempo. Recuperamos novamente a influencia anticiclónica. Pola mañá haberá máis nubes, pero pola tarde quedará case despexado e no sur as máximas xa rondarán os 20 graos
Escuchar audio