A maioría absoluta do PP permite aprobar os orzamentos galegos do ano que vén. Sen apenas atender os cambios que pedía a oposición, saen adiante as contas e a lei que os acompaña. Fano entre críticas desde diferentes sectores como a sanidade, que pide máis cartos ou os colectivos antieólicos, descontentos cos cambios normativos introducidos.
De contado escoitamos as súas reivindicacións, tamén a satisfacción da Xunta ante o acordo co Goberno para xestionar a nosa costa.
En Vigo, arestora concentración en demanda dunha vivienda digna.
A tarde deixa ademais o non do persoal de Navantia de toda España ó preacordo para renovar o convenio, postura contraria ós comités de Ferrol e Fene, que votaron a favor.
E falece un home de 79 anos no concello ourensán de Muíños tras caer do tellado anexo á súa vivenda ó ceder a uralita.
Escuchar audio