Continúan os ecos da mobilización multitudinaria contra Altri deste domingo en Santiago. Malia todo o ruido xerado, a Xunta mantén firme a súa postura: Se cumpre coa normativa ambiental, o proxecto será autorizado. Mentres, a oposición pídelle ó goberno que rectifique.
Outro dos asuntos que está a ocupar estes días a primeira plana política é o uso do galego, lingua en declive segundo os últimos datos do Instituto Nacional de Estatística. Nun informe, a Real Academia Galega apunta á Xunta como principal responsable. Dende o goberno, din estar dispostos a facer cambios pero non van admitir, din, a inmersión lingüística que propón o BNG.
Nos sucesos, incautados máis de 200 kilos de cocaína no porto exterior da Coruña. Estaban agochados nun barco procedente de Brasil que transportaba fariña. De momento non trascendeu que houbese detidos.
E nos deportes, Rafael Louzán, escollido como novo presidente da Federación Española de Fútbol.
Escuchar audio