Hoxe é o día probablemente máis agardado na comisión de investigación sobre contratación pública. É a xornada na que vai comparecer o máis alto responsable da Xunta. Neste caso o presidente Alfonso Rueda, xa que Alberto Núñez Feijoo que era o titular da Xunta cando se fixeron os contratos que se investigan rexeitou comparecer.
Seguen a ampliarse as rebaixas nas peaxes da AP 9. O Consello de Ministros aprobou incrementalas ata o 50 por centopara os usuarios que, entre outras condicións, realicen 20 viaxes ó mes se pagan coa telepeaxe.
O tempo. O paso dunha fronte durante as próximas horas vai deixar chuvascos, máis probables no sur e oeste da comunidade.
Escuchar audio