Empeora a situación dos incendios na provincia de Lugo cun novo lume iniciado na Fonsagrada, que se estende en trinta hectáreas e que se suma ó orixinado na Pobra do Brollón.
Mentres, en Ourense, a Xunta desactiva a situación de emerxencia na provincia.
Con todo hai dous incendios activos: o de Avión e o de Carballeda de Valdeorras.
- No concello de Carral, os populares presentan moción de censura contra o actual alcalde, Javier Gestal, de Alternativa dos Veciños. Contan co apoio de dous concelleiros tránsfugas.
- Desbloqueada a dragaxe do río Lérez. O Ministerio de Transición Ecolóxica autoriza un novo punto de vertedura de lodos que se afasta máis da illa de Sálvora.
-Arrancan as obras para construír un colexio no Milladoiro, en Ames, para 420 estudantes. É un dos tres centros de primaria de nova construción en trámite en Galicia
Escuchar audio