Tres lumes continúan fóra de control en Ourense, segundo as últimas actualizacións de Medio Rural.
Onte comezaban as lapas na parroquia de Nieva, no concello de Avión con, polo menos, 20 hectáreas afectadas.
-Preocupación entre os gandeiros da zona do Barbanza pola situación de seca continuada que está deixando ós animais sen herba pra alimentarse.
- Na ría de Pontevedra seméntanse este días mais de TRES MILLÓNS de cría de ameixa babosa para garantir a rexeneración dos bancos de a frote. As confradías esperan que os bivalvos acaden o talla comercial dentro de dous anos.
-En Lugo, o Colexio de Avogados pon en marcha un asesoramento de balde para vítimas dos incendios. As persoas que perderan unha vivenda, animais, colleitas ou outros bens patrimoniais poderán solicitar este servizo
Escuchar audio