Foi a deliberación máis longa da historia xudicial de Galicia. Tras cinco días de reflexión, o xurado popular do xuízo polo crime de Samuel Luiz acadou un veredicto. Só Katy Silva, a única muller encausada, saiu absolta. Diego Montaña, Alejandro Freire e Kaio Amaral son considerados autores do asasinato. Alejandro Míguez, foi declarado cómplice. Agora a xuíza terá que dictar sentenza... Os avogados xa adiantan que van presentar recurso
- 25 de novembro. Día da Eliminación da Violencia contra a muller. Santiago leva a cabo a campaña "Se non queres ser cómplice, mellor implícate" e Lousame a súa campaña "Queremeben". Nos vindeiros minutos falaremos coa concelleira de igualdade deste último concello.
-A veciñanza de Bergondo, preocupada pola posible afectación do bypass do trazado da liña férrea entre a Coruña e Ferrol, que evitará a parada na estación de Infesta-Betanzos. Hai 24 veciños que teñen propiedades polas que pasarán as vías e deberán ser expropiados.
-En Culleredo ven de comezar hai uns minutos unha manifestacións dos traballadores da empresa Jardincelas, en ERTE dende agosto. Pídenlle ao concello que cumpra a súa promesa e saque os pregos do novo contrato
Escuchar audio