Dúas persoas foron xa detidas como presuntas autoras ou participantes no crime dun praceiro do mercado de abastos de Santiago esta mañanciña, pero búscase outra persoa. A víctima foi Antonio Costa, de 59 anos, coñecido en compostela coma o Muñico, segunda xeración nesta praza, na que rexentaba unha carnicería. Un suceso que causou moita conmoción na cidade. A investigación avanza a bo ritmo, pero haberá que agardar á autopsia e outras dilixencias pra aclarar o sucedido a primeira hora desta mañá.... unha nova que chega cando aínda non nos recuperaramos da conmocion polo crime machsita de Baiona, que hoxe volvía motivar actos de repulsa.
Escuchar audio