Tras un mes escoitando a testemuñas, peritos e os cinco acusados... a fiscalia mantén que os cinco son culpables da morte de Samuel Luis. A fiscala Olga Serrano comparounos cunha manda de lobos que sae de caza e busca unha presa débil.
No último caso de violencia de xénero en Baiona, o presunto autor, tras unha semana agochado, está agora apendente de pasar a disposición xudicial.
xa pasaron a primeira noite no cárcere os dous homes acusados da morte dun carniceiro da praza da abastos de Santiago.
E temos que lamentar un grave accidente de tráfico con dúas víctimas mortais en Vedra, na nacional 525.
O tempo. As temperaturas volveron recuperar valores altos pra esta época do ano, con máximas que van rebasar os 20 graos en boa parte da comunidade. Tamén subiron as mínimas
Escuchar audio